Cargando resultados...
Rubén Albés: "Lebedenko está preocupado, alí está a súa familia. Intentamos darlle cariño"
Albés quere que note o apoio do club, dos compañeiros e do corpo técnico
G24.gal
24/02/2022 12:26
No Lugo xoga o ucraíno Orest Lebedenko que, segundo Rubén Albés, está afectado pola situación que vive o seu país:
"Está preocupado, alí está a súa familia. Intentamos darlle cariño. Que note o apoio do club, dos compañeiros e do corpo técnico"
Para o partido co As Palmas falou das altas e as baixas:
"Recuperamos a Ramos. Campa foi suspendido con dous partidos. Está a ser unha semana complicada, hai dúbidas con Xavi, Señé está case descartado. Estamos pendentes de diferentes opcións, case como nesas semanas máis complicadas do ano"
O técnico do Lugo está hoxe de aniversario
Alguén está hoxe de celebración… 😏#ForzaLugo pic.twitter.com/fd45Wsv0IO
— Club Deportivo Lugo (@CDeportivoLugo) February 24, 2022