Publicador de contidos

Publicador de contidos

Róubanlle máis de 3.000 euros a unha centenaria de Ribadeo

Róubanlle máis de 3.000 euros a unha centenaria de Ribadeo

Os ladróns meteron a anciá nun coche e colléronlle os cartos e mais as xoias que levaba

O Cantón de Ribadeo, a onde acode a diario a vítima do roubo
Félix Aragunde. Imaxe: Jose Lamas. 08/10/2026 13:58

Unha veciña de Ribadeo, de cen anos de idade, foi vítima do roubo de máis de 3.000 euros. Tras saír da súa vivenda, no barrio de Cabanela, a centenaria fixo o seu percorrido habitual ata a rúa Vilalba. Alí abordárona dúas mulleres e un home, que a convenceron para que subise a un coche familiar de cor marrón.

Segundo o relato da vítima, ofrecéronlle repartir con ela unha importante cantidade de cartos que atoparan, gañando así 5.000 euros. Só facía falta comprobar que os billetes non eran falsos, polo que a anciá volveu á casa para levarlles un sobre con 3.000 euros. Daquela subtraéronlle esa contía, xunto coas xoias de ouro que levaba e os 60 euros que tiña na carteira, e finalmente abandonárona á entrada da vila. 

Coa axuda das gravacións das cámaras da Policía Local, a Garda Civil investiga agora a autoría destes feitos. Pola súa parte, a familia da vítima pide a colaboración cidadá para identificar quen lle roubou os seus aforros a unha muller centenaria. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade