Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rouban víveres nunha vivenda de Padrón e volven para arrincar e levar equipamento da casa

Rouban víveres nunha vivenda de Padrón e volven para arrincar e levar equipamento da casa

Os donos descubriron o primeiro roubo a mañá do domingo e cando volveron á casa, para esperar a Garda Civil, atoparon os ladróns desmantelando a vivenda

Os dous ladróns tiñan o botín listo para cargar e marchar cando chegaron os donos

No primeiro asalto levaron víveres, logo volveron á casa, pero tiveron que abandonala precipitadamente antes de cargar o botin
G24.gal 03/03/2022 14:00

Amparo, a dona dona dunha vivenda próxima a Padrón, di que leva catro días que non dorme. Son os que pasaron desde que os ladróns asaltaron a casa deshabitada, pero á que vai case acotío. De feito di que a tiña ben ordenada ata que o domingo á mañá chegou e viu que lle moveran os conxeladores e que lle levaran a carne que contiñan, ademais outros víveres e bebidas que tiña.

Acto seguido denunciaron o sucedido na Garda Civil. volveron á casa pola tarde e dentro estaban os dous ladróns, cos radiadores de ferro, tubaxes de cobre, prancha da cociña demontadas e amontoadas canda outros útiles para cargar e levalas.  

"Marcharon a correr. Eu tamén fun detrás deles. Estaban uns veciños meus aí, por certo que aínda non acabaron de falar con eles xa se botaron a correr detras e case os colleron, pero nono foron capaces. Tiñan o coche agardando no parque", conta Amparo.

A súa parella, Manolo, foi o primeiro que se encontrou cos ladróns.

"Fomos pechar como todos os días e estaba os tipos dentro. Ao sentirnos saltaron pola ventá do baño e escaparon pola leira que hai alí. Que fixen? botar a correr detrás deles, pero corren máis ca min. Son vinte e tantos anos ou trinta (os que terían)".

A furgoneta, supostamente dunha empresa de alugueiro da Barbanza, din que a deixaran no parque empresarial próximo: "Entón eles marcharon a correr por aquí pola leiras. Eu tamén fun detrás e mais unhas rapazas, as mulleres dos meus veciños, pero nada, eles fóronse porque nós non dabamos corrido máis", incide Amparo.

Ao final, e despois de revolveren e traballaren arreo acumulando materiais, os ladróns tiveron que deixalo todo atrás e botar a correr cara ao vehículo en que fuxiron.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade