Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rouban tres bicis de gama alta ás portas do MARCO no prazo dun mes

Rouban tres bicis de gama alta ás portas do MARCO no prazo dun mes

A última vítima pensa que hai un grupo organizado que actúa na zona

G24.gal 12/08/2022 13:08 Última actualización 12/08/2022 14:06

Cristina del Río quedou sen bici este martes, aparcáraa ás portas do MARCO nun lugar específico para ela. Custáralle 3.000 euros e tiña un enganche para a táboa de surf e un caixón construído ad hoc para levar o ordenador.

Cando preguntou no museo dixéronlle que era a terceira vez que ocorría neste mes. Esta viguesa tiña unha relación especial coa bici eléctrica, á que chamaba Miss Bici, ten número de bastidor e un son característico. Ademais é difícil de conducir porque acelera axiña. Por todo isto confía en que a podería recuperar, sobre todo dando difusión o caso e á característica imaxe do vehículo que usa para ir traballar pero que tamén a acompañou en moitas das súas viaxes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade