Rouban o trasno de Coruxo, un símbolo desa comunidade de montes viguesa
Rouban o trasno de Coruxo, un símbolo desa comunidade de montes viguesa
Piden a colaboración cidadá para localizar este símbolo da comunidade de montes
O Ser do Bosque, como lle chaman á escultura, leva desaparecido dende a fin de semana. Foi o propio escultor quen descubriu a subtracción. O trasno fora moldeado sobre un castiñeiro con motivo do quinto aniversario dos incendios que asolaron o monte en 2017. Algún desaprehensivo decidiu levalo.
Ten un alto valor sentimental porque din que a árbore en que se construíu queimouse defendendo o monte. O castiñeiro formaba parte dun gran proxecto de plantación de frondosas que funcionaba como cortalumes natural.
Por iso, porque o trasno é todo un emblema deste recuncho de Vigo, piden a colaboración cidadá para localizalo canto antes. E ao ladrón, dende a comunidade de montes recoméndanlle que o devolva, porque parece que o trasno é bastante traste.