Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rouban nun restaurante mexicano da Coruña mentres os propietarios estaban entretidos na cociña

Rouban nun restaurante mexicano da Coruña mentres os propietarios estaban entretidos na cociña

Gravaban un vídeo sobre como facer unha sobremesa cando o delincuente fuxiu cun monitor 

Aconteceu tras rematar o servizo das comidas

G24.gal 16/01/2026 14:43

"Entrou unha parella e preguntounos se nos faltaba un ordenador porque acababan de ver saír de aquí un home á carreira e que agochaba unha pantalla debaixo do abrigo", explica Inés Cabezas Rey, propietaria do restaurante mexicano Tamarindo da Coruña.

Así foi como souberon Inés e mais o seu fillo Miguel, propietarios deste céntrico restaurante mexicano, que acababan de ser vítimas dun roubo.

"Estabamos gravando un vídeo sobre como facer unha sobremesa para amosárllelo aos cociñeiros. Ao meu fillo pareceulle escoitar o ruído da porta, fun mirar e como non había ninguén, volvín para a cociña. Pero semella que el estaba agochado xusto detrás de onde estaba a pantalla. E en canto puido, colleuna e marchou á carreira", engade Inés. 

É a segunda vez en pouco tempo que se enfrontan a unha situación similar. 

 "Hai uns meses xa entrara outro tamén a polo monitor. Pero daquela a camareira e eu comezamos a berrar como dúas tolas e marchou", di a propietaria do restaurante.

Desta volta, si conseguiu marchar co botín. Agora, a Policía Nacional traballa para poder dar tamén co paradoiro deste delincuente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade