Investigan un roubo na capela de San Bieito do Porriño
O botín é escaso pero fixeron estragos nunha capela simbólica
Sen forzar as pechaduras, así entraron os ladróns a madrugada do mércores na capela de San Bieito do Porriño. Arrasaron co peto, cos cartos das lámpadas, estragaron a porta do sagrario e mesmo moveron os santos de sitio. Ao patrón quitáronlle a coroa e o báculo aínda que finalmente os deixaron alí.
O peto e o lampadario apareceron nas inmediacións abertos cunha pata de cabra. O botín económico semella ser escaso, pero o roubo conmocionou a moitos porriñeses devotos deste santo, patrón da vila e avogoso dos males da pel.
Os veciños consideran que os responsables do roubo son do barrio porque mesmo buscaron nun caixón baixo o altar que moi pouca xente coñece e que estaba oculto por un tapete.