Cargando resultados...
Rouban en tres vivendas dun mesmo edificio en Verín
Sospeitan que os ladróns andaban na procura de xoias
G24.gal
25/03/2022 14:09
A Garda Civil investiga o roubo de tres vivendas nun edificio da avenida de Castela en Verín. Os ladróns entraron presumiblemente de madrugada forzando as portas de acceso.
Foi a muller encargada da limpeza a que deu a voz de alarma cando chegou e atopou as portas abertas e todo revolto. Sospeitan que os ladróns andaban na procura de xoias. O botín está aínda por cuantificar.
Os veciños están moi sorprendidos polo roubo, xa que o edificio malia estar deshabitado está nunha zona tranquila, chea de vivendas e con moitos negocios.