Rouban cen caixas de flores secas en Bueu preparadas paras as alfombras de Corpus
Dende a Asociación de Alfombristas din que "a perda económica é importante"
Uns vinte voluntarios apuran os preparativos para ter os tapices florais rematados o domingo 19 de xuño
A presidenta da Asociación de Alfombristas de Bueu encontrou a primeira sorpresa ao intentar abrir a porta do local. Os ladróns romperon o cadeado e ao saír deixaron outro novo posto no sitio.
A xente da asociación de alfombristas de Bueu adiantou traballo durante meses e agora teñen que volver a comezar case de cero, segundo conta Carmen Santos.
Son case cen caixas. Falamos de materiais que andamos traballando durante moitos meses, flor seca, cunchas trituradas e cunchas enteiras.
O roubo foi un desgusto grande para a agrupación de voluntarios pero tamén supón perdas económicas considerables.
Perda económica moita porque todos os cartos que gastou a asociación para elaborar esos mateirias é moi costos.
A Garda Civil investiga o roubo das flores secas e outros materiais preparados para os tapices.
Veu aquí, fixo fotos e vai haber unha investigación para saber que pasou con isto. Explicación ningunha porque estes materias só os utilizamos os alfombristas para facer alfombras.
Agora polas tardes, unhas vinte persoas apuran os preparativos para que o 19 de xuño as súas rúas de Bueu luzan perfectas coas súas alfombras.