Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rouban as xoias da virxe de Lourdes na capela de Barbeira, A Lama

Rouban as xoias da virxe de Lourdes na capela de Barbeira, A Lama

Accederon ao templo por un oco estreito da fachada principal

Imaxe da Virxe de Lourdes na capela de Barbería o martes pasado
G24.gal 29/03/2022 13:55

A capela asaltada está en Barbeira de Arriba, no concello da Lama, ao lado da estrada e non lonxe das casas. Por testemuños da veciñanza, os autores da acción puideron ser tres individuos, un deles o suficientemente delgado como para entrar por este oco despois de retirarlle a reixa movible.

"Cremos que entraron pola bufarda que hai ao lado da porta. Serían ás seis da mañá tres persoas, segundo din", sinala Darío Rey, encargado da capela.

Unha vez dentro, suponse, abriulles a porta aos outros e, valéndose dunha cadeira retiráronlle a coroa á imaxe da Virxe para desprender as pezas de xoiería que exhibía como resultado da doazón de fieis. Iso si, deixaron as de bixutería.

"Levaron unhas cadeas, aneis, uns pendentes, un reloxo, unha pulseira...Levaron os doce euros que había nunha cesta e deixaron a moeda de dez céntimos e máis nada. No tocaron nin os petos nin nada. Tampouco deixamos cartos neles", afirma Rey.

Di Darío que descoñecen o valor das xoias porque non fixeron unha taxación das mesmas e lembra que xa as roubaran hai 19 anos. Daquela deixaran bastantes danos ademais de levar as xoias. Boa parte delas recuperáranas nas investigacións policiais e desde onte volven estar en lugar descoñecido. Ao mediodía foron presentar a denuncia do roubo e xa este luns membros da Garda Civil recolleron pegadas e levaron a coroa para procurar mostras para a identificación dos autores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade