Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rouban as catro rodas dun coche en Pontevedra

Rouban as catro rodas dun coche en Pontevedra

O vehículo estaba aparcado pola noite onda o pavillón de deportes

Imaxe do coche agardando para a reposición das rodas no taller este xoves
G24.gal 24/03/2022 13:43

Vai coller o coche para empezar a rutina matinal e encóntrase con que lle quitaron as catro rodas. É a experiencia que viviu onte á mañá unha veciña de Pontevedra. Deixouno pola noite nun aparcadoiro tan concorrido polo día como despoboado de madrugada e encontrouno apoiado nunhas pedras agora retiradas a un lado do estacionamento.

Con ese panorama, tivo que variar as tarefas previstas, procurar guindastre e catro rodas para levar o coche ao taller. Nel seguía na mañá deste xoves agardando para a reposición dos elementos subtraídos e aínda cos restos do contraste que emprega a policía na procura de pegadas do autor ou autores do feito.

O roubo lembra o acontecido hai menos de dúas semanas en Boiro. Daquela levaran as catro rodas con pneumáticos acabados de estrear doutro coche que pasara a noite onda o centro social de Abanqueiro. Días despois, a Garda Civil localizaba en Rianxo as pezas roubadas e detiña tres homes, presuntos implicados no caso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade