Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rouba nunha froitería de Ourense diante das propietarias

Rouba nunha froitería de Ourense diante das propietarias

Levou unha carteira con 190 euros e quitou 600 euros con dúas tarxetas que roubou

Todo foi rexistrado polas cámaras de seguridade e a Policía Nacional busca arestora o presunto ladrón

G24.gal 15/11/2024 14:00

Entra nunha froitería de Ourense, rouba unha carteira e consegue 790 euros. Fíxoo en escasos minutos e sen cortarse, coas propietarias do negocio diante. Todo foi rexistrado polas cámaras de seguridade e a Policía Nacional busca arestora o presunto ladrón.

Nas imaxes da cámara de seguridade vese ben como un home se coa por debaixo da persiana e aproveita que a porta está aberta para entrar. A froitería estaba pechada ao público e as propietarias do negocio agardando os provedores. O individuo, tras agocharse nun primeiro momento, aproveitou que as traballadoras estaban na parte de atrás da tenda colocando mercadoría para meterse detrás do mostrador e roubar dentro do bolso dunha das donas a carteira.  

Ao pouco, a vítima do presunto roubo recibe unha mensaxe a través de Facebook dun viandante que acababa de atopar tirada na rúa unha carteira coa súa documentación. Non estaban os 190 euros que tiña en efectivo e as dúas tarxetas de débito coas que quitou 600 euros tras adiviñar o pin.

En total, e en escasos minutos, conseguira roubar presuntamente 790 euros.

Axiña presentaron unha denuncia na Policía Nacional, que tras ver estas imaxes sospeita que se trata dun coñecido delincuente de Ourense, e están na súa procura.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade