Cargando resultados...
Ronaldo Nazario, un peregrino ilustre na catedral de Santiago
Ronaldo Nazario, un peregrino ilustre na catedral de Santiago
Percorreu o Camiño desde Valladolid en bicicleta eléctrica como promesa polo ascenso a Primeira do equipo que preside
G24.gal
08/06/2022 19:31
O que si que chegou, e practicamente sobre o tempo previsto, foi Ronaldo Nazario a Santiago de Compostela. O Fenómeno fixo o camiño coa súa muller en bicicleta eléctrica, e chegou pouco despois da hora de comer, contra as catro, á praza do Obradoiro. Peregrino ilustre que fixo a promesa de vir se o seu equipo, o Valladolid, ascendía a primeira. E así o fixo.