Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ronald Baroni adquire a porcentaxe maioritaria do paquete accionarial de Frisaqués S.L.

Ronald Baroni adquire a porcentaxe maioritaria do paquete accionarial de Frisaqués S.L.

O vindeiro martes terá lugar unha conferencia de prensa en que se ofrecerán máis detalles sobre o proxecto que dará comezo a esta nova etapa

Foto Lugo
G24.gal 12/06/2025 19:01 Última actualización 12/06/2025 19:04

O Club Deportivo Lugo informa.

"No día de hoxe, formalizouse a transmisión do paquete maioritario de accións de Tino Saqués en favor do grupo empresarial encabezado por Ronald Baroni"

"O vindeiro martes, 17 de xuño, ás 12:00 h, terá lugar unha conferencia de prensa na que se ofrecerán máis detalles sobre o proxecto que dará comezo a esta nova etapa"

Tino Saqués chegou á presidencia do Lugo en 2015 despois de adquirir máis do 50% das accións da entidade. Durante oito temporadas o club estivo na Segunda División na mellor época de toda a historia do cadro lucense. Despois dunhas primeiras campañas de estabilidade nas que o Lugo chegou a ser noveno clasificado na 16-17 (mellor clasificación na década de Saqués) os problemas clasificatorios das seguintes campañas deixáronnos un presidente ao que non lle tremía o pulso á hora de cambiar de adestrador. O único que aguantou unha campaña completa desde Francisco (17-18) foi o vigués Rubén Albés (21-22).

En 2023 consumouse o descenso a Primeira Federación, categoría na que estivo as dúas últimas campañas sen acadar o obxectivo de xogar o play off de ascenso. Nestes dous anos foron seis os inquilinos do banco lugués (Munitis, Paulo Alves, Trashorras, Lolo Escobar, Seligrat e Álex Ortiz) sen que ningún conseguira endereitar o rumbo da entidade. Este último ano os problemas económicos obrigaron a asinar un préstamo de máis dun millón de euros con Frisaqués para cumprir cos salarios dos futbolistas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade