Román Rodríguez di que a nova ABAU podería quedar sen implantar tras as xerais
Román Rodríguez di que a nova ABAU podería quedar sen implantar tras as xerais
Á volta desta semana de festivos, o Goberno ten previsto aprobar, na Conferencia Sectorial de Educación, o aprazamento da implantación da nova selectividade
Para Galicia, este cambio de plans do executivo responde a presións da maioría das comunidades autonómas e de institucións coma a Real Academia Española
A nova ABAU chegará máis tarde do esperado, logo de que o Minisiterio de Educacion decidira aprazar a súa implantación. Quince comunidades están de acordo con que a proba se atrase. O conselleiro de Educación di que o novo modelo xera desigualdade entre os alumnos e mingua a calidade educativa.
"A arbitrariedade e a baixa da calidade levan a que o Ministerio se dea de conta de que ten que parar, de que ten escoitar as comunidades autónomas. É unha rectificación importante e é consecuencia de non ter escoitado o que lle dixemos, o que percibían os equipos técnicos".
Os alumnos que cursan agora primeiro de secundaria serán os primeiros en enfrontarse a un exame de acceso a universidade transformado na súa totalidade, se se cumpre o calendario do goberno.
"Hai que ter en conta que antes hai unhas eleccións xerais e é posible que non teña ningún tipo de vixencia", apunta Román Rodríguez.
As comunidades do Partido Popular reclaman unha proba de acceso única en toda España e custionan a proba de madurez que inclúe o borrador do Goberno.