Publicador de contidos

Publicador de contidos

Roger Federer despídese do tenis formando parella co seu rival e amigo Rafa Nadal

Roger Federer despídese do tenis formando parella co seu rival e amigo Rafa Nadal

G24.gal 24/09/2022 11:03

Tal e como se agardaba, a despedida das pistas de Roger Federer estivo cargada de emotividade. Foi un encontro de dobres disputado na Laver Cup, formando parella con Rafa Nadal. Retirouse Roger Federer, e fíxoo xogando un partido co seu gran amigo e rival durante moitos anos. As dúas lendas do tenis perderon diante dos estadounidenses Sock e Tiafoe por 6-4, 6-7 e 9-11.

Pero o importante aconteceu despois. A emotiva despedida dun dos máis grandes. Non era doado conter a emoción, e conseguírono moi poucos na pista. Roger, por suposto, tamén se emocionou á hora de facer bagaxe dos seus 24 anos como profesional, nos que acadou todos os fitos posibles. Malia a que nos seus últimos anos as lesións lle impediron gozar do tenis, Federer cumpriu o desexo de retirarse xogando unha vez máis.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade