Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rodrigo Corrales foi o heroe na clasificación de España para as semifinais do Europeo

Rodrigo Corrales foi o heroe na clasificación de España para as semifinais do Europeo

O cangués foi o heroe con dous paradóns cruciais no último minuto

España derrotou a Polonia por 27-28

G24.gal 25/01/2022 17:12

A selección española de balonmán asegurouse a súa participación no Campionato do Mundo de Polonia e Suecia 2023 tras certificar este martes a súa clasificación para as semifinais do Europeo de Hungría e Eslovaquia ao impoñerse por 27-28 a Polonia.

O cangués Rodrigo Corrales foi o heroe con dous paradóns cruciais no último minuto

A presenza nas semifinais de Dinamarca, que xa tiña praza segura no torneo como actual campioa mundial, posibilitará que os outros tres equipos que pelexarán pola medallas en Budapest logren as tres prazas en xogo neste Europeo para o próximo Campionato do Mundo. Un premio ao que o conxunto español podería sumar outro máis no caso de concluír no podio, xa que os tres primeiros clasificados do Europeo de Hungría e Eslovaquia terán asegurada a súa presenza no campionato continental que se celebrará en 2024 en Alemaña.

Esta é a ledicia posterior no vestiario español.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade