Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ródase na Costa da Morte 'Sica', da directora catalá Carla Subirana

Ródase na Costa da Morte 'Sica', da directora catalá Carla Subirana

É a primeira longametraxe de ficción da directora catalá, de recoñecida traxectoria no ámbito documental

Sica ródase en diferentes localizacións da Costa da Morte e conta a historia dunha nena que perdeu o pai no mar

G24.gal 12/01/2022 21:21

Estase rodando na Costa da Morte a longametraxe Sica, unha coprodución entre Cataluña e Galicia en que participa a CRTVG que conta a historia dunha nena de 13 anos e a súa relación coa nai nunha comunidade en que o mar e as perdas familiares no mar son un personaxe máis. 

É unha coprodución entre Cataluña e Galicia, rodada en galego, que conta na maioría do seu equipo artístico con actrices e actores non profesionais da Costa da Morte.

De feito, a protagonista, extraída dun completo cásting realizado na comarca, é Thais García, unha rapaza de 13 anos de Cabana. 

Sica é filla dun mariñeiro que desaparece ao naufragar o seu barco. Mentres agarda a que o mar lle devolva o cadáver de seu pai, Sica distánciase da súa nai —interpretada pola actriz catalá Núria Prims— e da súa mellor amiga, que tamén perdeu a seu pai no naufraxio.

O único apoio atópao nun novo amigo, Suso (Marco Antonio Florido), un rapaz da zona a quen chaman o Cazatormentas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade