Rocha confirma a continuidade de Luis de la Fuente
Foi menos claro sobre o futuro de Jorge Vilda

O presidente interino da Federación Española de Fútbol (RFEF), Pedro Rocha, asegurou este xoves en Mónaco que o posto do seleccionador absoluto masculino, Luís de la Fuente, está totalmente asegurado e que co técnico da selección feminina, Jorge Vilda, ten previsto reunirse a semana que vén.
"Está totalmente está apoiado por todos os membros da RFEF. É un traballador que o fai de marabilla, temos dous partidos por diante tense que dedicar a adestrar e que teña sorte nestes do partidos porque a sorte del é a sorte de toda España", dixo sobre De la Fuente, que este venres dará a lista de convocados para os partidos contra Xeorxia e Chipre.
Rocha, que viaxou a Mónaco para asistir ao sorteo da liga de Campións esta tarde, indicou á súa vez que espera reunirse a semana que vén co seleccionador feminino Jorge Vilda.
"Cando teñamos unha reunión a próxima semana a ver as partes que deciden. Primeiro hai que escoitar e falar que é o importante", engadiu.