Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ringleiras para mercar lotería de Nadal na véspera do sorteo

Ringleiras para mercar lotería de Nadal na véspera do sorteo

Non quedan décimos e hai que mercar números de máquina

Moitos compran para probar a sorte de última hora

 

Malia que apenas hai números dispoñibles, aínda hai xente mercando lotería de Nadal.
G24.gal 21/12/2021 14:35

A poucas horas de que empecen a soar os bombos da lotería de Nadal aínda hai ringleiras nos puntos de venda, malia que non quedan décimos e hai que mercar os poucos números dispoñibles de máquina.

"Décimos desde hai días andamos ao ralentí e hoxe nada. Se non hai o que teñen na cabeza levan un pouco o que haxa", explica José Luis Tojo Núñez, titular da Administración de lotería da Porta Faxeira en Santiago.

"A sorte é igual de máquina que un décimo". "Se é de tocar, toca igual. Hai que ter sorte".
"Vou pensar se o compro así ou non, porque é tamén para a miña cuñada". "Vai ser cero igual, ou sexa que tanto ten", din compradores.

Por encargo, para ter lotería de diferentes sitios ou para probar a sorte de última hora, a véspera do sorteo sempre hai compradores.

"O último día a xente quere coller o último a ver se é o que toca, a ver se os últimos son os primeiros", engade Tojo Núñez. "A ver que hai, e do que haxa elixiremos".

"Como non son de aquí pois dixen, veña, por ter un pouco de cada lado", comentan outros compradores.

Esta administración do centro histórico de Santiago repartiu primeiros, segundos e cuartos premios en  anos anteriores, e augura para mañá moita sorte.

"Este ano imos dar o Gordo, non hai dúbida, imos dar o Gordo".

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade