Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ringleiras no Anxo Carro para mercar algunha das 867 entradas para o Deportivo-Lugo

Ringleiras no Anxo Carro para mercar algunha das 867 entradas para o Deportivo-Lugo

O encontro será o vindeiro domingo, ás sete da tarde e en directo pola G2 e AGalega.gal

G24.gal 26/02/2024 16:40 Última actualización 26/02/2024 16:46

Catro anos despois, o Deportivo volverá enfrontarse ao C. D. Lugo no estadio de Riazor o domingo 3 de marzo. Coruñeses e lucenses empataron naquel xa afastado 2020 sen goles, cando ambos pelexaban pola permanencia en Segunda División.

Agora, nun novo contexto en Primeira Federación, ambos buscan unha vitoria que lles axude no seu obxectivo de volver ao fútbol profesional. Así as cousas, xa se puxeron á venda as entradas para o partido.

Os prezos experimentarán esta xornada unha lixeira subida de cinco euros nas zonas xa de seu máis caras do estadio branquiazul. Deste xeito, os billetes para Tribuna (Superior e Inferior) e Preferencia Superior terán un custo 35 euros, mentres en Preferencia Inferior terán un valor de 30 euros. Nos fondos (Marathón e Pavillón) o custo será o mesmo que en xornadas anteriores: 20 euros. Do mesmo xeito que noutros partidos, está dispoñible a Tribuna Inferior VIP (con acceso a cátering), que custará 100 euros.

Mentres, os máis madrugadores pasaron polas oficinas do club para obter unha entrada para Riazor. O Deportivo cedeu 867 entradas para un partido que promete grandes emocións.

O encontro será o vindeiro domingo, ás sete da tarde e en directo pola G2 e AGalega.gal

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos