Rigoberto Mendoza: "O sábado é unha final e temos fame de vitoria"
O último triunfo do Obradoiro foi ante o Breogán
Curtido en mil batallas, Rigoberto Mendoza só pensa no derbi do sábado. E tamén nunha data. A do último partido que gañou o Monbus Obradoiro.
"O último partido que gañamos foi contra eles. O sábado é unha final. Nós tamén temos fame".
Hai fame de triunfos no Obradoiro e Rigoberto mostra o camiño. Desde a templanza, o dominicano aposta polo método cholista.
"Partido a partido. A paciencia vai ser o noso mellor aliado".
Hai máximo respecto a Breogán. No Obradoiro teñen moi presente que os de Mrsic veñen de gañar no Palau.
"Preocúpame a súa confianza e motivación".
A que non vai fallar o sábado será a Caldeira de Sar. O factor cancha pode ser determinante. Rigoberto fai un chamamento ao Obradoirismo.
"Coa apoio sempre da afección, non hai escusa para o sábado".