Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rigoberta Bandini é a cabeza de cartel este xoves no PortAmérica

Rigoberta Bandini é a cabeza de cartel este xoves no PortAmérica

Na fin de semana estárán no escenario Hombres G, M-Clan ou Dani Martín

O ShowRocking, coordinado por Pepe Solla, leva ao recinto pratos de 20 estrelas Michelin

G24.gal 09/07/2026 14:43

A gran cheminea da azucreira de Portas serve á vez de xeolocalizacion e de símbolo para un festival que ten unha das súas singularidades na propia contorna. Van xa 14 edicións dunha fórmula de éxito.

"Xunta sempre música iberoamericana e gastronomía, con estrelas Michelín internacionais que cociñan con produto galego
e que achegan a alta cociña ao público do festival", explica Quin Martinez, o director do PortAmérica.

A zona da acampada trasladouse este ano baixo o emparrado da Viña Almirante. É un festival que reinverte a súa pegada de carbono, e ten zonas de inclusión da diversidade, e mesmo zona de xogos e áreas para lactación.

Festa e declaración de intencións que conta con público fiel e que desde Galicia se exportou xa a outros festivais en México e Colombia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade