Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ricky Rubio entra na lista de Scariolo para os partidos ante Letonia e Bélxica

Ricky Rubio entra na lista de Scariolo para os partidos ante Letonia e Bélxica

Rubio fichou a semana pasada polo Barça, co que comezou a adestrarse tras desvincularse da NBA por problemas de saúde mental

G24.gal 13/02/2024 13:15 Última actualización 13/02/2024 13:42

O base Ricky Rubio, que fichou a semana pasada polo Barça, co que comezou a adestrarse tras desvincularse da NBA por problemas de saúde mental, é a gran novidade na lista do seleccionador español Sergio Scariolo para os partidos ante Letonia e Bélxica, da fase de clasificación do Eurobasket 2025.

"Comentoume que quería que o primeiro partido oficial fora coa selección"

"Ten un vínculo especial comigo e cos compañeiros. Emocionoume"

Rubio retorna desta maneira ao equipo español tras anunciar unha parada competitiva da que aínda non volveu durante a concentración coa que se preparaba o pasado Mundial do 2023 en Xapón, Filipinas e Indonesia.

España concentrarase o 19 de febreiro en Zaragoza e disputará un total de dous partidos, o xoves 22 de febreiro na cidade aragonesa contra Letonia e o 25 de febreiro en Charleroi contra Bélxica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade