Publicador de contidos

Publicador de contidos

'El 47'  e 'La infiltrada' comparten o Goya a mellor película 2025

'El 47'  e 'La infiltrada' comparten o Goya a mellor película 2025

É a primeira vez que dúas películas comparten o premio de Mellor Película nos Premios Goya

Richard Gere e Aitana Sánchez-Gijón reciben os Goya Internacional e o de Honra en Granada. Gere cita a Galicia no seu discurso

O audiovisual galego foi recoñecido con Cafuné que recibiu o Goya á mellor curta de animación. Está  codirixida por Lorena Ares e Carlos Fernández de Vigo

O audiovisual galego optaba a varios premios Goya

Momento en que recollen o premio Goya comparatido os equipos de 'El 47' e de 'La infiltrada'. EFE/ Julio Muñoz
G24.gal 08/02/2025 22:21 Última actualización 09/02/2025 12:29

O audivisual español reuniuse este sábado en Granada para celebrar a 39 edición dos Premios Goya, nunha festa con 3.000 convidados e na que se repartiron unha trintena de cabezóns, que así é como lles chaman os artistas á escultura da cabeza de Goya coa que se obsequia os galardoados. 

A Gala celebrouse no Pazo de Exposicións e Congresos de Granada. A gala estivo repleta de estrelas pero tamén contou con ausencias soadas, aínda que xustificadas, por motivos de saúde ou de axenda.

Por primeira vez dúas actrices foron as anfitrioas da gala. Maribel Verdú e Leonor Watling presentan os Goya 2025. Na alfombra vermella luciron traxes de Alberta Ferreti e xoias de Damiani e Redondo Brand, respectivamente. Durante a gala cambiaron ata tres veces os seus estilismos.

Películas favoritas antes de comezar a Gala

Antes de comezar a gala xa se falaba de que as dúas películas favoritas eran El 47 e La infiltrada. A primeira trasládanos ao barrio barcelonés de Torre Baró na década dos 70, mentres que a segunda lévanos á Euskadi azoutada polo terrorismo da ETA. Prognóstico acertado nesta ocasión xa que as dúas películas compartiron o Goya a Mellor película; é a primeira vez na historia do premios Goya que dúas películas comparten este premio.

O audiovisual Galego premiado nos Goya

O audiovisual galego tiña varias candidaturas aos premio Goya. Finalmente na gala gañou o Goya a mellor curta de animación: O premio é para Cafuné.

Cafuné está codirixida por Lorena Ares e Carlos Fernández de Vigo; é un tributo ás persoas anónimas que dan o que poden e aínda máis do que poden, para facer un mundo mellor. Cafúné foi seleccionada en máis de 40 festivais e xa recibiu unha ducia de premios. Este é un premio tamén para o audiovisual galego e non só pola dirección, xa que voz desta curta de animación, a da nena Alma, é a da actriz galega María Castro. Alma é unha nena solitaria que revive o seu traumático pasado cando a súa moneca cae na piscina, arrastrándoa ao naufraxio da pateira da que foi a única supervivente. Lua, a súa rescatadora, axúdaa a superar o trauma e reconstruir a súa vida.

 

Premio Internacional e Premio de Honra

Richard Gere e Aitana Sánchez-Gixón recolleron o Premio Internacional e o Premio de Honra, respectivamente. A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas, que preside Fernando Méndez-Leite, anunciaba que coa concesión destes galardóns se recoñecía a traxectoria de dúas figuras de alcance e fama mundiais.

Richar Gere, fiel a Armani, luciu no photocall un traxe do deseñador italiano, acompañado de Alejandra Gere tamén cunha creación de Armani Privé e xoias Bvlgari.

Aitana Sánchez-Gijón acudiu á gala cun vestido vestido de Carolina Herrera. A os seus 56 anos é a muller máis nova en recibir un Goya Honorífico.

As dúas estrelas na noite deste sábado tiaveron que competir  en brillo na alfombra vermella con Javier Bardem, Antonio Banderas, Alejandro Amenábar, J. A. Bayona e tamén con estrelas doutras disciplinas, como os músicos Alejandro Sanz, Jorge Drexler ou Amaia Salamanca. 

A actriz Aitana Sánchez-Gijón tras recibir o Goya de Honra. EFE/Julio Muñoz A actriz Aitana Sánchez-Gijón tras recibir o Goya de Honra. EFE/Julio Muñoz

Aitana Sánchez-Gijón recibiu o premio das mans de Maribel Verdú. No seu discurso comezou dando grazas á Academia por semellante Honra e grazas por permitirme recollelo o mesmo ano que ao amor da miña vida, Richard Gere. Engadiu a actriz que o cinema é un empeño colectivo e focaliza nun obxectivo común a pesar das nosas diferenzas e todo iso para contar historias que nos unen e atópannos. A actriz tamén dixo que non hai que ter medo á cultura, senón aos novos imperialismos e as limpezas etnicas.

Gere cita a Galicia no seu discurso de agradecemento

O encargado de entregarlle o Premio Internacional a Richard Gere foi un actor español de talla internacional, Antonio Banderas. O actor norteamericano protagonistas de algunhas das películas máis icónicas do cinema comezou o seu discurso dando as graas a todos e dixo que é fantástico recibir o premio e engadiu España é agora a miña nova casa. Sei que o motivo polo que me dan este premio é porque casei con esta muller tan fermosa de Galicia . Gere tamén dixo: todos os actores estamos loucos, seguimos sendo nenos e nenas.

Richar Gere tamén dixo que se decicara ao cinema porque me encantan as boas historias e creo que por iso existe o cinema. As historias que nós contamos son únicas e especiais, ademáis de que fan sentirse representadas ás persoas. Gere tamén fixo referencia á política no seu país e dixo veño dun país moi oscuro. Nos Estados Unidos, elexiron un matón. Pero non só pasa ali. Pasa en todas partes. Engadiu que había que ser valentes, poñerse en pé e dicir a verdade.

Richard Gere tras recoller o Goya das mans de Antonio Banderas. EFE/Julio Muñoz Richard Gere tras recoller o Goya das mans de Antonio Banderas. EFE/Julio Muñoz

20 anos de Mar adentro

Os Premios Goya tamén celebreraon este ano os 20 anos da película Mar Adentro, que en 2005 obtivo 14 Goyas. Alejandro Amenabar, Javier Bardén, Lola Dueñas, Tamar Novás e Belén Rueda subiron ao escenario para conmemorar este título que xa forma parte da historia do cine español. Unha película que tamén se fixo co Oscar á Mellor Película Internacional.

Premios Goya 2025

E os premiados nesta 39 edición dos Premios dos Goya son:

A mellor película: El 47  y La infiltrada gañan exequo o Goya a mellor película 2025. E a primeira vez que dúas películas comparaten o premio de mellor película.

A mellor dirección: Isaki Lacuesta e Pol Rodriguez recibiron o Goya pola película Segundo premio. Isaki Lacuesta non puido asisir a Gala e recolleu o premio Pol Rodríguez

A mellor dirección novel: Javier Macipe por La estrella Azul. Recibiu o premio das mans de J.A. Bayona e Estíbaliz Urresola

O mellor guión orixinal: premio para Eduard Sola polo film Casa en Flames

O mellor guión adaptado: foi para Pedro Almodovar por La habitación de al lado. Recolleu o premio Agustín Almodovar xa que Pedro Almodovar non está na gala por un accidente doméstico

A mellor música orixinal: Alberto Iglesias recolle o premio por La Habitación de Al lado. Con esta xa ten 12 Goyas

A mellor canción orixinal: La guitarra flamenca , unha canción da producción Los almendros.

O mellor actor de elenco: Salva Reina polo seu papel en El 47

O mellor actor protagonista: o Goya foi para Eduard Fernández por Marco. Entregoulle o premio a súa filla Greta Fernández.

A mellor actriz protagonista: Carolina Yuste foi a gañadora, era a súa cuarta candidatura aos Premios Goya. Agora logrou o galardón pola película La Infiltrada

A mellor actriz de elenco: Clara Segura polo seu papel en El 47

O mellor actor revelación: Pepe Lorente álzase con el Goya polo seu papel en La estrella azul.

A mellor actriz revelación: Laura Weissmahr recoge el Goya polo seu papel en Salve María

A mellor dirección de produción: Carlos Apolinario por la película El 47

A mellor dirección de fotografía: Edu Grau leva o Goya por La habitación de al lado, dirixida por Pedro Almodovar

A mellor montaxe: o Goya foi para Javier Frutos pola película Segundo Premio

A mellor dirección de arte: o premio é para Javier Alvariño por La Virgen Roja

O mellor deseño de vestiario: Arantxa Ezquerro gaña o el Goya pola película La Virgen Roja.

A mellor maquillaxe e peiteado: O Goya foi para Karmele Soler, Sergio Pérez e Nacho Díaz polo seu traballo na película Marco. 

O mellor son: foi para Diana Sagrista, Eva Valiño, Alejandro Castillo, Antonnin Dalmasso, o equipo de son de La Virgen Roja

Os mellores efectos especiais: El 47 leva o Goya e os premiados son Iván López y Laura Canals.

A mellor película de animación: o premio foi para Mariposas Negras, dirixida polo canario David Baute.

A mellor película documental: O Goya foi para a Guitarra flamenca de Yerai Cortes, a dirección é de C. Tangana, Antón Álvarez.

A mellor película iberoamericana: o premio foi para Brasil con Aínda estou aquí.  Recolleu o premio Jorge Drexler en nome Walter Salles

A mellor película europea: Emilia Pérez foi a película elexida. Recolleron o premio Miguel Morales e Enrique Costa. É a que recolle premios onde vai e é a película da polémica. A súa protagonista Karla Sofía Gascón no está na gala.

A mellor curta de ficción: La gran obra é a que se alza co Goya

A mellor curta documental: Leva o Goya Semillas de Kivu

A mellor curta de animación: O premio é para Cafuné. Cafuné está codirixida por Lorena Ares e Carlos Fernández de Vigo; é un tributo ás persoas anónimas que dan o que poden e aínda máis do que poden, para facer un mundo mellor.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade