Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rexistran un sismo de magnitude 2,6 con epicentro en Ponteceso 

Rexistran un sismo de magnitude 2,6 con epicentro en Ponteceso 

Varios particulares contactaron co 112 Galicia minutos antes das 23 horas para sinalar que o sentiran

 

G24.gal 26/04/2026 11:26

O Instituto Xeográfico Nacional informou ao 112 Galicia dun sismo de magnitude 2,6 con epicentro no municipio de Ponteceso, na Coruña.

O terremoto rexistrouse pouco despois das 22.30 horas da pasada noite, momento no que varias persoas contactaron co 112 Galicia para informar que o sentiran.

Unha delas, que chamou desde o municipio veciño de Cabana de Bergantiños, indicou que se sentira en varias zonas da comarca.

Con todo, o Centro Integrado de Resposta a Emerxencias non rexistrou danos por mor deste terremoto, que se suma á serie de movementos sísmicos ocorridos durante a noite do venres ao sábado na provincia de Lugo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade