Rexistrado un movemento sísmico de intensidade 2,2 con epicentro en Triacastela (Lugo)
O pequeno terremoto rexistrouse pouco antes das 2:00 horas da madrugada deste xoves, cunha magnitude de 2,2 mbLg, e con epicentro no municipio lucense, a unha profundidade de 6 quilómetros
Nas últimas horas tamén se rexistrou un leve movemento sísmico con epicentro en Taboada (Lugo), cunha intensidade de 2,0 mbLg e a unha profundidade de 11 quilómetros
Mapa sísmico do lugar do pequeno terremoto que tivo lugar en Triacastela (IGN)
O Instituto Xeográfico Nacional (IGN) rexistrou nas últimas horas un movemento sísmico con epicentro en Triacastela (Lugo), e de intensidade leve.
Segundo informa o organismo estatal, o pequeno terremoto rexistrouse pouco antes das 2:00 horas da madrugada deste xoves, cunha magnitude de 2,2 mbLg, e con epicentro no municipio lucense, a unha profundidade de 6 quilómetros.
O IGN informa tamén de que este tremor de baixa intensidade chegou a sentirse no lugar de Ribela, en Sarria (Lugo). Nas últimas horas tamén se rexistrou un leve movemento sísmico con epicentro en Taboada (Lugo). Ese pequeno terremoto produciuse na madrugada deste mércores, cunha intensidade de 2.0 mbLg e a unha profundidade de 11 quilómetros.