Publicador de contidos

Publicador de contidos

Retrásase ao 7 de xullo a constitución das corporacións do partido xudicial de Noia

Retrásase ao 7 de xullo a constitución das corporacións do partido xudicial de Noia

Afecta os concellos de Boiro, A Pobra do Caramiñal, Ribeira, Porto do Son, Muros, Outes, Lousame, Noia e Mazaricos

G24.gal 15/06/2023 18:16

A xunta electoral de Noia obrigou a aprazar ao 7 de xullo a constitución das novas corporacións dos concellos de Boiro, Lousame, Mazaricos, Muros, Noia, Outes, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son e Ribeira.  

A xunta electoral desestima un recurso presentado polo PSOE. O representante socialista na zona denunciou que lles impedían comprobar os 900 votos nulos, a pesar de que os socialistas quedaron a só dez votos de obter un deputado provincial por este partido xudicial.

Aínda que a xunta electoral desestima a denuncia dos socialistas, dá un prazo para presentar recursos que fai que se teña que aprazar ata o 7 de xullo a constitución destas corporacións.

Na tarde deste xoves a decisión xa foi recibida polos concellos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade