Publicador de contidos

Publicador de contidos

A vacinación recupera o ritmo en España logo do festivo

A vacinación recupera o ritmo en España logo do festivo

Comeza 2022 con case 38 millóns de persoas vacinadas

G24.gal 02/01/2022 19:19

En España, os datos de vacinación están próximos ao 90 por cento na poboación maior de 12 anos coa pauta completa. O que se reflicte en preto de 38 millóns de persoas vacinadas con dúas doses neste comezo de 2022. 

Dos que xa tiñan a pauta completa, case 14 millóns teñen tamén a de reforzo en todo o territorio español. Madrid, Barcelona e Valencia, con ou sen cita previa. O sistema varía e acaba sendo o de menos para recibir a inxección.

Castela-A Mancha, Murcia e Cataluña son as zonas con menos porcentaxe de vacinación completa dentro da península, con cifras que non chegan ao 80 por cento. Por debaixo delas, as insulares Canarias e Baleares, e Ceuta e Melilla entre o 70 e o 74 por cento.  

En Andalucía, co 80 por cento do proceso, tamén volveron vacinar, ata nas prazas de touros coma esta de Roquetas de Mar, en Almería. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade