Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aparece preto da súa boia o corpo sen vida do mergullador desaparecido

Aparece preto da súa boia o corpo sen vida do mergullador desaparecido

Saíra a practicar pesca submarina este sábado con dous compañeiros nas Laxes de Porto Xunco

 

Momento no que o corpo do mozo chegaba ao porto de Meloxo
G24.gal 11/12/2022 08:22 Última actualización 11/12/2022 13:18

Apareceu o corpo sen vida do mergullador que saíra a pescar xunto a dous compañeiros este sábado. Estaba preto da súa boia, en augas de San Vicente do Mar, no concello do Grove, entre a praia do Con Negro e a batería militar. 

O rapaz, de 21 anos e veciño de Valga, fixo unha inmersión sobre as dúas da tarde e xa non volveu saír á superficie. Os amigos, de 20 anos e do mesmo municipio, alertaron os servizos de emerxencia.

Os tres mergulladores, do Club Deportivo Pérez-Sub de Vilagarcía de Arousa, foran practicar pesca deportiva a pulmón nunha embarcación polas Laxes de Porto Xunco. Os primeiros labores de rastrexo por terra, mar e aire non deron resultado pero esta mañá apareceu o cadáver.

Compañeiros do club que participaban no operativo localizaron o corpo que foi trasladado ao porto de Meloxo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade