Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sanidade estuda restrinxir o consumo de bebidas enerxéticas entre os menores

Sanidade estuda restrinxir o consumo de bebidas enerxéticas entre os menores

Case 18.000 rapaces entre os 12 e os 17 anos consomen este tipo de bebidas polo menos unha vez a semana e uns 13.000 mestúranas con alcol

A Xunta quere limitar o acceso dos menores ás bebidas enerxéticas polos danos que ocasiona na súa saúde

G24.gal 07/02/2023 14:57

Preto de 18.000 menores de entre 12 e 17 anos consomen bebidas enerxéticas polo menos unha vez por semana e 13.000 mestúraas ademais con alcol.

Son datos dun estudo da Fundación Barrié en colaboración coa Universidade de Santiago.

Os expertos alertan: un consumo excesivo deste tipo de bebidas enerxéticas pode ter graves consecuencias para a saúde, especialmente para os máis novos.

As bebidas conteñen grandes cantidades de azucre ademais de estimulantes e outras substancias como a taurina polo que supoñen un grave risco para saúde tanto a nivel cardiovascular como cerebral ademais de potenciar o consumo de alcol. 

É por isto que a Consellería de Sanidade estuda restrinxir o consumo deste tipo de bebidas entre os menores co obxectivo de protexer a súa saúde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade