Restrinxen o uso de auga na contorna de Santiago, coa subministración ameazada cara ao final do mes
Concellos como Ames e Arzúa poderían endurecer as medidas se a seca persiste
O descenso do consumo ou a choiva poden salvar esta situación
Santiago, Ames, Arzúa e Melide son os concellos que máis problemas teñen coa subministración de auga na contorna de Compostela pero só Ames e Arzúa afirmaron que poderían ter que recorrer as restricións dependendo do consumo que teñan de auga.
Pero sempre hai sitios onde os recursos dos concellos non chega como é o caso de Lampai, en Teo. Aquí empregan dúas traídas veciñais para a subministración e para apoiala teñen pozos en cada casa que son particulares.
De momento non teñen problemas aínda que coidan de non abusar dos mananciais. Todos os veciños están cun ollo posto en setembro, que pode ser o mes máis duro da seca, dependendo do tempo.
Dende case todos os concellos prohíbese encher as piscinas, regar, limpar coches ou fachadas de casas, para ir aforrando polo que poida pasar.