Publicador de contidos

Publicador de contidos

Restablecido o tráfico ferroviario pero con atrasos tras a avaría de Chamartín

Restablecido o tráfico ferroviario pero con atrasos tras a avaría de Chamartín

A circulación estivo paralizada entre as cinco e as sete da tarde do venres

G24.gal 01/04/2023 08:34

Os atrasos nas conexións ferroviarias con Madrid persisten tras a avaría rexistrada na estación de Chamartín este venres. O problema colapsou as conexión de alta velocidade entre Galicia e Levante coa capital.

A circulación estivo paralizada entre as cinco e as sete da tarde. Os trens non podían nin chegar nin saír. Arestora, a incidencia está solucionara e o tráfico restablecido, aínda que con atrasos. 

O problema afectou a centos de persoas, moitas galegas, que iniciaban as vacacións de Semana Santa, nunha xornada marcada pola folga de autobuses.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade