Cargando resultados...
Resonac serigrafía o nome das súas traballadores nos eléctrodos de grafito
A iniciativa enmárcase dentro da segunda Resonac Women`s Week
G24.gal
14/03/2025 14:51
A planta de Resonac na Coruña acaba de "bautizar" os eléctrodos de grafito fabricados esta semana cun nome de muller. Non é un nome calquera senón o de cada unha das máis de corenta mulleres que traballan nestas instalacións. Unha acción simbólica coa que se quere dar visibilidade ao papel que desenvolven as mulleres na industria.