Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rescatan un mozo en Pontevedra tras caer da canoa cando navegaba polo Lérez

Rescatan un mozo en Pontevedra tras caer da canoa cando navegaba polo Lérez

Unha embarcación privada auxiliouno e trasladouno ao porto deportivo en bo estado

Ponte do Burgo en Pontevedra onde caeu o mozo Ponte do Burgo en Pontevedra onde caeu o mozo
G24.gal 23/04/2023 15:55

Un mozo foi rescatado este domingo tras caer da súa canoa mentres navegaba polo río Lérez, na cidade de Pontevedra.

O 112 Galicia tivo coñecemento dos feitos ás 11:20 horas, momento en que unha persoa particular chamou ao centro de emerxencias para pedir axuda para unha persoa que caera da súa embarcación baixo a ponte do Burgo.

Deste xeito, desde o Centro Integrado de Atención a Emerxencias pasaron o aviso ao equipo de Emerxencias Sanitarias Galicia-061, aos Bombeiros de Pontevedra, aos axentes da Policía Local e tamén ao persoal de Protección Civil da cidade.

Minutos despois, os equipos de emerxencia confirmaron que o deportista foi rescatado por unha embarcación privada e trasladado ata o porto deportivo en bo estado de saúde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade