Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rescatan un neno de 18 meses dun vehículo ás portas dun colexio de Mos

Rescatan un neno de 18 meses dun vehículo ás portas dun colexio de Mos

A nai pousara as chaves no maleteiro e pechouno sen se decatar

G24.gal 22/06/2023 12:29

Os bombeiros do Baixo Miño rescataron dun vehículo pechado un neno de 18 meses ás portas dun colexio de Mos.

O rescate demorouse uns minutos porque o vehículo dos bombeiros tiña estragados os sinais acústicos.

O neno e a nai reaccionaron con tranquilidade, algo que facilitou que a porta se puidese abrir cunha ganzúa.

A nai que ía recoller outro fillo a un centro escolar de Mos pousara as chaves do vehículo no maleteiro e pechou o portón sen se decatar de que deixaba o neno pechado.

O cativo foi consciente do rescate e mesmo falou cos bombeiros. En outras ocasións cando nenos e pais están nerviosos os efectivos vense na obriga de romper os cristais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade