Cargando resultados...
Rescatan con vida un home de 60 anos que se estrelou co seu tractor en Alfoz
O tractor saíu da vía e envorcou por un terraplén

G24.gal
10/01/2023 17:53
Complicado e angustioso rescate dun home en Alfoz, tras quedar atrapado baixo o seu tractor.
O accidente tivo lugar na parroquia de Adelán, no quilómetro 14 da estrada LU-160.
Por causas que se descoñecen, o tractor saíu da vía e envorcou por un terraplén.
Efectivos do GES de Cervo e dos bombeiros de Barreiros lograron rescatar o ferido con vida, un home duns 60 anos que xa foi trasladado ao hospital.