Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rescatan catro tripulantes dun veleiro cun incendio na ría de Vigo

Rescatan catro tripulantes dun veleiro cun incendio na ría de Vigo

A embarcación ardía nas proximidades do Museo do Mar en Bouzas

G24.gal 14/08/2022 16:05

Un incendio declarado nun veleiro nas proximidades do Museo do Mar de Vigo en Bouzas obrigou á intervención dos servizos de emerxencia para socorrer os tripulantes.

Unha das persoas que ía a bordo da embarcación de 30 pés contactou co 112 pasado o mediodía do domingo para comunicar a incidencia na central de emerxencias e pedir axuda.

Ata o barco desprazouse unha lancha con socorristas municipais do concello de Cangas que auxiliaron as catro persoas. Rexeitaron asistencia médica porque se encontraban ben, e as lapas foron apagadas.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade