Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rescatan a unha anciá que parecía desorientada na terraza da súa vivenda

Rescatan a unha anciá que parecía desorientada na terraza da súa vivenda

Ocorreu na tardiña do mércores en Carballo e foi un veciño, que saltou dunha terraza a outra, que axudou á muller duns 70 anos

G24.gal 07/04/2022 14:43

Momentos de moitos nervios e tensión os que se viviron veciños da rúa Vila de Noia na tarde de onte. Unha muller duns 70 anos, que parecía desorientada, atopábase na terraza da súa vivenda e os que naquel momento estaban paseando pola zona teimaron que podía caer ao baleiro. Un veciño foi o que, saltando dunha terraza dun piso contiguo, conseguiu meter a muller na vivenda sen que pasase o feito dun susto.

Eran arredor das sete da tarde cando as persoas que estaban paseando nese intre pola rúa Vila de Noia, se decataron de que había unha muller na terraza da súa vivenda que parecía desorientada e nerviosa. En cuestión de minutos comezaron a concentrarse máis persoas alertadas polos berros dos que lle pedían á muller que se achegase atrás e evitar que caera dun quinto piso. Algúns veciños da zona explican que a anciá estaba soa no domicilio e berraba dicindo que non podía saír. 

Foi un veciño da localidade que ante o alboroto na rúa decidiu ir á procura da anciá saltando desde a terraza do edificio contiguo. Cando chegou a Policía Local e a coidadora, que se ausentara uns minutos, a muller duns 70 anos xa estaba dentro da vivenda xa máis tranquila e quedando todo nun susto. Testemuñas apuntan que a muller padece algún tipo de demencia de aí que se puidera desorientar. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade