Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rescatan tres persoas do interior dun bus escolar que chocou cun turismo nas Neves

Rescatan tres persoas do interior dun bus escolar que chocou cun turismo nas Neves

O accidente tivo lugar no quilómetro 0,5 da PO-415 e foi o propio condutor do bus quen chamou á central de emerxencias para dar noticia do ocorrido

A dotación de bombeiros empregou dúas escaleiras para que os ocupantes do autobús puidesen saír ao exterior pola parte de arriba do vehículo

G24.gal 09/01/2026 11:48

Os bombeiros de Ponteareas rescataron do interior dun autobús escolar aos seus tres ocupantes despois de que chocara contra un turismo no alto dunha ponte nas Neves, informou o servizo de emerxencias 112 Galicia.

Segundo a mesma fonte, o sinistro tivo lugar sobre as nove da mañá e os tres ocupantes do autobús -o condutor, un menor e a súa coidadora- resultaron ilesos, mentres que os tres ocupantes do turismo resultaron feridos leves e foron trasladados polos profesionais do 061.

O accidente tivo lugar no quilómetro 0,5 da PO-415 e foi o propio condutor do bus quen chamou á central de emerxencias para dar noticia do ocorrido.

Nese momento xa advertiu de que os ocupantes do autobús estaban atrapados, de modo que o 112 Galicia chamou aos bombeiros e tamén á Garda Civil, que estuda as circunstancias do sucesos.

A dotación de bombeiros empregou dúas escaleiras para que os ocupantes do autobús puidesen saír ao exterior pola parte de arriba do vehículo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade