A linguaxe das campás, un oficio en perigo de extinción
Para evitar que se perda, a ourensá Estíbaliz Osorio decidiu aprendelo aproveitando a sabedoría dun veciño cunha longa tradición familiar como campaneiro
O tanxer de campás era o xeito habitual de comunicar o que acontecía nunha aldea. Unha linguaxe única, recoñecida como Patrimonio Inmaterial da Humanidade pola UNESCO, que cada vez coñece menos xente.
Na parroquia de Palmés, en Ourense, atopamos unha campaneira, Estíbaliz Osorio, que decidiu aprender o oficio, xa de maior, da man dun veciño que se criou entre badaladas.
Antonio Nóvoa ten 88 anos. Aprendeu a tocar as campás co seu pai e co seu avó. Había tempo que non subía a un campanario pero non perdeu o seu toque, como él di. Un son que recoñecían todos os veciños da zona.
Hoxe ensínalle a Estíbaliz a tocar a trono para espantala treboada. Fano de xeito manual, agarrando o badalo coa man. O repenique de campás espertou dende sempre nela un sentimento especial, pero non foi ata hai un par de anos cando decidiu aprender os segredos dun oficio onde non hai moitas mulleres.
Tras as ensinanzas de Antonio e un curso da Asociación de Campaneiros de Galicia comezou a tocar nas festas e a compartir campanario noutras parroquias para seguir perfeccionando o toque. Unha paixón que quere espallar entre os máis novos para sempre haxa alguén suba a facer falar as campás.