Publicador de contidos

Publicador de contidos

A capela máis pequena do país atópase nun castiñeiro en Baamonde

A capela máis pequena do país atópase nun castiñeiro en Baamonde

Foi creada en Baamonde polo escultor Víctor Corral a principios dos anos 70 para salvar a árbore centenaria dunha corta

Detalle da capela, no interior da árbore
Félix Aragunde. Imaxe: Jorge Pereira. 09/01/2026 20:40

Entre a igrexa románica de Baamonde e a N-VI encóntrase un castiñeiro centenario que alberga no seu interior toda unha sorpresa. Nada menos que a capela máis pequena de Galicia, creada polo escultor Víctor Corral a principios dos 70 precisamente para salvar a árbore dunha corta que permitiría a ampliación da estrada.

"Sempre se dicía protector de persoas, animais e plantas. Unha vez aberta a porta que se ve, meteuse así a esculpir a virxe do Rosario, que é a patroa de Baamonde, e ata que acabou non saíu. Cando rematou, os medios fixéronse eco desta cousa estraña e xa decidiron non tirala", relata Noemí Díaz Corral, neta do autor da capela. 

Xunto coa igrexa parroquial e o propio museo de Víctor Corral, a capela do castiñeiro constitúe hoxe en día un dos principais reclamos de Baamonde. Tanto é así, que ambos templos acaban de beneficiarse dun investimento de 50.000 euros para a mellora do seu alumamento.

"Entón isto é especialmente bonito de noite, porque se ilumina a pedra cunha luz cálida moi interesante na igrexa e ilumínase o castiñeiro, que cambia incluso de cor", sinala Óscar Fernández Expósito, párroco de Baamonde. 

Estímase que o castiñeiro da capela, de case sete metros de perímetro e aínda vivo, ten entre 500 e 1.000 anos de antigüidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade