Cargando resultados...
Liberdade con medidas para un home en Ourense investigado por tenencia de pornografía infantil
Ten prohibido saír do territorio nacional, así como aproximarse e comunicarse coas dúas vítimas
G24.gal
09/01/2026 22:17
Última actualización 09/01/2026 22:29
A maxistrada do xulgado de Instrución número dous de Ourense decretou a posta en liberdade con medidas dun home investigado por tenencia de pornografía infantil.
Así o informaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).
O home pasou a disposición xudicial na tarde deste venres.
A xuíza retiroulle o pasaporte. Ten prohibido saír do territorio nacional, así como aproximarse e comunicarse coas dúas vítimas. O investigado, fora detido o pasado mércores por axentes da Policía Nacional.