Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rescatados os 7 tripulantes dun buque que sufriu unha escora e quedou á valga fronte á costa da Coruña

Rescatados os 7 tripulantes dun buque que sufriu unha escora e quedou á valga fronte á costa da Coruña

O helicóptero Helimer 402 de Salvamento Marítimo evacuou os mariñeiros, rescatados dos botes salvavidas por outro pesqueiro

Mariñeiros rescatados este luns tralo naufraxio do seu pesqueiro (TVG)
G24.gal 09/02/2026 12:37 Última actualización 09/02/2026 15:40

Os sete tripulantes do pesqueiro Itoitz tiveron que ser rescatados pola embarcación Abra de Muxía despois de que o seu buque sufrira unha escora e quedase á valga.

Segundo informaron fontes de Salvamento Marítimo consultadas por Europa Press, o incidente produciuse sobre as 10:50 horas deste luns cando o Centro de Salvamento Marítimo da Coruña recibiu unha chamada a través da canle 16 de VHF do pesqueiro Abra de Muxía.

Na comunicación, o pesqueiro detallou que acababa de rescatar os sete tripulantes do Itoiz, que se atopaba moi escorado a unhas 30 millas ao norte da Coruña.

Foi o propio patrón do pesqueiro Itoitz quen ordenou a evacuación da tripulación a unha balsa salvavidas ante a situación do buque, que permanece sen tripulación e á valga.

O helicóptero Helimer 402 de Salvamento Marítimo realizou a evacuación dos sete tripulantes e trasladounos ao aeroporto da Coruña-Alvedro.

Unha vez en terra, un dos mariñeiros rescatados lanzaba unha mensaxe tranquilizadora: "Estamos todos ben, a pena foi o barco que non se puido salvar" e engadía que todos tiñan anos de mar e era a primera vez que lles pasaba.
 

buque María Pita de Salvamento Marítimo permanece na zona para avaliar a situación e continuar co operativo.

Segundo detallan as mesmas fontes, a emerxencia está coordinada polo Centro de Salvamento Marítimo de Fisterra, baixo a dirección da Capitanía Marítima da Coruña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade