Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rescatados os 11 tripulantes dun pesqueiro galego que sufriu unha vía de auga preto de Irlanda

Rescatados os 11 tripulantes dun pesqueiro galego que sufriu unha vía de auga preto de Irlanda

Segundo confirma Salvamento Marítimo, o pesqueiro sufriu a primeira hora da mañá o incidente, unha posible vía de auga con risco de afundimento, cando se atopaba a unhas 55 millas ao suroeste de Castletown

A tripulación, en bo estado de saúde, foi rescatada polo pesqueiro, tamén galego con bandeira francesa, Puenteareas Uno

G24.gal 22/10/2025 09:59 Última actualización 22/10/2025 10:35

Os 11 tripulantes do pesqueiro Radoche Tercero, con base en Celeiro e bandeira francesa, foron rescatados este mércores tras sufrir o buque unha vía de auga en augas próximas a Irlanda.

Segundo confirma Salvamento Marítimo, o pesqueiro sufriu á primeira hora da mañá o incidente, unha posible vía de auga con risco de afundimento, cando se atopaba a unhas 55 millas ao suroeste de Castletown (Irlanda). Aínda que esta zona de busca e rescate está baixo a responsabilidade do Reino Unido, o Centro Nacional de Coordinación de Salvamento colaborou na emerxencia.

A tripulación, en bo estado de saúde, foi rescatada polo pesqueiro, tamén galego con bandeira francesa, Puenteareas Uno. Diríxense nestes momentos ao porto de Castletown, onde se espera que cheguen entre as 16:00 e as 17 horas.

O 'Radoche Tercero' é un arrastreiro que foi construído en 2001 e navega baixo bandeira francesa. A súa eslora é de 34,2 metros e a súa manga, de 7,7. O seu porto de destino era A Coruña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade