Cargando resultados...
Rescatados catro nenos en estado crítico dun lago xeado de Birmingham
Ao parecer, os cativos estaban xogando enriba del e caeron á auga ao romper o xeo

G24.gal
12/12/2022 08:40
No Reino Unido, catro nenos foron rescatados en estado crítico dun lago xeado de Birmingham. Ao parecer, os cativos estaban xogando enriba del e caeron á auga ao romper o xeo. Os catro sufriron paradas cardíacas por mor das baixas temperaturas. Un amplo operativo de rescate busca na zona por se houbese máis vítimas.
O Reino Unido leva catro días sufrindo unha intensa vaga de frío, con temperaturas baixo cero en boa parte do país.