Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rescatado un mozo que caeu nunha zona rochosa cando pescaba no cabo Prioriño

Rescatado un mozo que caeu nunha zona rochosa cando pescaba no cabo Prioriño

Os bombeiros acudiron auxilialo porque non podía saír da zona polo seu propio pé

O mozo foi trasladado a un centro hospitalario por unha contusión na cadeira

G24.gal 10/06/2024 10:48

Persoal do parque de bombeiros de Ferrol rescatou un mozo que quedara illado cando estaba a pescar na zona do cabo Prioriño, no municipio de Ferrol, segundo informou este luns a Axencia Galega de Emerxencias.

O mozo atopábase na zona a última hora da tarde de onte cando caeu nunha zona rochosa e tivo unha contusión na cadeira.

Foi un particular quen deu aviso do suceso ao 112 Galicia.

"Caeu sobre unhas rochas cando estaba a pescar, sen que fose quen de saír da zona pola súa conta", apuntan desde Emerxencias.

Tras o rescate, o mozo foi atendido no punto por parte de persoal sanitario e posteriormente trasladado a un centro hospitalario

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar