Publicador de contidos

Publicador de contidos

A sensibilidade e o respecto pola natureza do Culler de Pau, recoñecidos por Repsol cun Sol Sostible

A sensibilidade e o respecto pola natureza do Culler de Pau, recoñecidos por Repsol cun Sol Sostible

Javier Olleros di que o respecto a natureza nace do propia contorna do restaurante

A cociña do Culler de Pau prepara alimentos da súa horta e de produtores de proximidade

O restaurante Culler de Pau, en Reboredo, O Grove
G24.gal 13/02/2023 14:55

O restaurante Culler de Pau do Grove é o novo gañador do premio Sol Sostible Alimentos de España. A decisión deuse a coñecer este luns na localidade alacantina de Elx. Un recoñecemento que sitúa a cociña de Javier Olleros na vangarda do coidado da natureza.

Esta distinción da Guía Repsol e Alimentos de España premia cada ano os catro restaurantes máis comprometidos co medio natural. Á cabeza de todos, o galego Culler de Pau, o singular proxecto do cociñeiro Javier Olleros, coa súa aposta pola redución de desperdicios, a eficiencia enerxética e o produto de proximidade.

Desde a aldea de Reboredo, no Grove, Olleros entra en diálogo co entorno e experimenta con novos sabores na súa propia horta ecolóxica. Di que se trata dunha cuestión de sensibilidade e responsabilidade coa natureza e invita á que o mundo da cociña pase á acción porque queda moito camiño por percorrer.

Xa ten tres soles Repsol e, desde hoxe, o premio á sostibilidade. "Estando nun contexto de natureza, nas Rías Baixas, rodeado de hortas, cunha ría de fronte. Esta paisaxe púxonos este punto de partida para ser responsables e estar comprometidos coas boas prácticas e pensando no futuro, que é do que se trata, pensar nos demais", di Javier Olleros.

Na cociña do Culler de Pau hai alimentos da horta e de produtores da zona, e entre as súas prácticas está aproveitar ao máximo a materia prima.

"Non se tira nada. O allo porro aprovéitase desde a parte verde ata a parte máis tenra, iso é o bonito da cociña", explica.

En opinión de Javier Olleros a alta cociña pode servir de escaparate a un reto ao que se ten que sumar toda a sociedade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade