Publicador de contidos

Publicador de contidos

Reparten desinfectante en Vigo para loitar contra os refugallos dos cans

Reparten desinfectante en Vigo para loitar contra os refugallos dos cans

Comerciantes de Teis e o Concello de Vigo desenvolveron un plan de concienciación

G24.gal 21/08/2022 14:34 Última actualización 21/08/2022 14:51

Comerciantes de Teis en colaboración co Concello de Vigo repartiron no barrio 1.500 botellas de líquido desinfectante, para que cada dono de can poida limpar os excrementos ou os ouriños que o seu can deixe na vía pública.

Os comerciantes estaban preocupados pola situación das rúas despois de tantos días sen chover, e o Concello ofreceulles a posibilidade desta campaña, que foi un éxito porque xa non queda ningún desinfectante e porque tivo un efecto formativo e sensibilizador.

Campañas semellantes desenvolvéronse en Barcelona, Alcobendas ou Ferrol.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade