Crise no Deportivo: renuncia o Consello e De La Barrera non seguirá de adestrador
Crise no Deportivo: renuncia o Consello e De La Barrera non seguirá de adestrador
O 17 de xullo nomearase un novo Consello nunha Xunta de Accionistas
A planificación deportiva e económica da vindeira temporada queda no aire
A crise deportiva no R. C. Deportivo polo ascenso frustrado de Castellón segue deixando vítimas. E, desta volta, de alta magnitude. O club informou que o presidente Antonio Couceiro e todo o Consello de Administración decidiu renunciar o mércores á tarde.
O Consello saínte convocou unha Xunta de Accionistas para o día 17 de xullo en que se nomeará un novo Consello. Mentres, á fronte da entidade quedará David Villasuso como apoderado.
Tamén confirma a nota que Rubén de la Barrera non continuará a vindeira temporada. Había unha proposta positiva por parte do Consello saínte para que o coruñés continuase no club, pero finalmente será outro o adestrador para a vindeira temporada.
Esta é unha bomba que deixa moitas incógnitas no proxecto do Deportivo para a campaña 23-24, nun momento trascendental para a planificación. O club queda totalmente descabezado e terá que conformar unha dirección que planifique a área deportiva e, agora, un Consello que saque adiante a tarefa económica.